30 nov 2013
21 sept 2013
COMEZA O CURSO 13-14
Comezamos o novo curso cunha festa de benvida para os alumnos e alumnas o mércores 25 de setembro ás 19:30 h.
1 jul 2013
8 jun 2013
9 may 2013
O TROFEO DO NOSO GRUPO
Noa e Carla veñen de acadar un segundo posto na final absoluta do Concurso Nacional de Danza celebrado en Tarragona os días 3, 4 e 5 de maio. As 15:00 h presentábanse no Palacio de Congresos e Feiras coa súa tarxeta de convocatoria e ás 16:20 h horas subían ao escenario a defender a coreografía con orgullo e seguridade. Un bo traballo feito como dúo na Categoría Preparatorio e Modalidade Fusión. Con máis nervos acumulados polo retraso na entrega de premios, ás 23:40 h recibían a noticia de que o xurado tiña dados os puntos técnicos correspondentes a un segundo premio. A ledicia facíase patente nos seus rostros e enseguida pensaron en todos e todas as que quedaban na nosa Vila. Parabéns, Noa e Carla, polo traballo realizado!!!
Pero nestes intres tan importantes para os sentimentos e ilusións non podemos esquecernos da esencia e a base deste éxito. Compre felicitar tamén a todos os nenos e nenas que forman parte desta gran familia que é o grupo de Movemento, especialmente ás compañeiras que semanalmente comparten unha clase con Noa a Carla. O nacemento deste trofeo está no sacrificio e paciencia de todas as compañeiras que día a día sacrificaban pequenos intres da súa preparación para que se lle poidera adicar unha atención un pouco más individualizada a Fatou Yo, especialmente nas últimas semanas. Grazas, peques, por ese gran compañerismo e ilusión. Sen vos, Carla e Noa, non poderían traervos este fermoso agasallo.
AHÍ VAI A RECOMPENSA AO VOSO SACRIFICIO E TRABALLO, QUE CARLA E NOA VOS TROUXERON EN FORMA DE TROFEO!!!
7 may 2013
2º PREMIO PARA FATOU YO
O dúo Fatou Yo acada un segundo premio na Final Absuluta do Concurso Nacional de Danza celebrada os días 3, 4 e 5 de maio en Tarragona.
7 abr 2013
25 mar 2013
16 feb 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)