8 jun 2011

LALÍN 2011

        O venres 10 de xuño acudimos a Lalín para participar nunha exhibición de diferentes modalidades de danza con perto de 300 nenas e nenos de Lalín, Palas de Reis, Santiago e Vilalba.


1 jun 2011

MEDALLA AO ESFORZO E Á ILUSIÓN

Despois da participación no Vilalba en Movemento as nenas e neno da Escola de Iniciación ao Movemento de Vilalba reciben a medalla como recompensa ao traballo de todo o ano, ao esforzo por mellorar, a ilusión por actuar, ao gran traballo en equipo. Unha recompensa por saber ser unha gran familia. Os nenos e nenas son o gran exemplo de unión, amizade, compañerismo, humildade, ... por todo iso e máis moitas grazas por facerme pasar un ano tan agradable con todos vos, moitas grazas polos recordos, polas anécdotas compatidas. Porque sodes as mellores merecíades esta medalla e moito máis.
Agora quedamos á espera de si merecemos un local de ensaio.

Imaxes da festa de fin de curso:



Imaxes da actuación:









Prensa:
Terracha.xa

7 may 2011

EXHIBICIÓN - 6 de maio de 2011

Éxito total d@s alumn@s das 4 Escolas de Iniciaicón ao Movemento. 75 nenos e nenas de 2 a 13 anos bailaron 14 pezas ante un casi abarrotado Auditorio Municipal de Vilalba.

2 abr 2011

VAIA TROULA - TVG

Participando no programa Vaia Troula da TVG que se achegou á Feira do Queixo de San Simón.


Podes ver o programa no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=22/04/2011%2018:42:14&fecha=02/04/2011&arquivo=1&programa=VAIA+TROULA&id_programa=856&corte=&mp4=0&medio=

26 feb 2011

COLABORACIÓN CO IES BASANTA SILVA DE VILALBA

Colaboración cos alumnos de 4º ESO do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba para recaudar cartos para a excursión a Malta.